Temos ata este xoves 27 para concretar os xogadores/as cos que podemos contar.
O venres acaba o prazo para inscribir os equipos.
Hai que inscribilos xa co nome comercial, polo que se atopades patrocinador avisade canto antes.
- Estado actual dos equipos:
Ata o de agora contamos co seguinte número de xogadores:
Categoría prebenxamín 1º ano 2011
Prebenxamíns 2011: 1
Categoría prebenxamín 1º ano 2010
Prebenxamíns 2010: 1
Categoría prebenxamín 2º ano
Prebenxamíns 2009: 3
Categoría benxamín = 17
Benxamíns 2008: 8
Benxamíns 2007: 9
Categoría alevín =1
Alevíns 2006:1
Alevíns 2005: 1
Categoría infantil
Infantiles 2004: 1
Temos que ter en conta que hai pais que non puideron vir á reunión e estou contando que os do ano pasado que non se pronunciaron seguen esta tempada.
Hai algúns alevíns que están valorando apuntarse. A ver si chegamos ó mínimo polo menos...
Tamén podemos apuntar algún neno/a dunha categoría inferior na superior. Caso dos prebenxamíns de 2º ano que poderían xogar cos benxamíns e caso dos alevíns, que podemos facer un equipo subindo algún benxamín de segundo ano. Habería que falalo...
Imos dar de prazo ata o xoves, xa que o venres temos que decidir os equipos que inscribimos.
Animade ós pais que coñezades a que se apunten. Cantos máis nenos/as mellor o pasan.
Achego cartel para que o pasedes polos vosos grupos de whatsapp.
- Partidos:
Semana a semana temos que acordar entre nós e o equipo adversario cando xogamos o partido.
Temos que acordalo antes do martes anterior pola tarde para comunicarllo á Agrupación.
Temos posibilidade de organizar algún partido en Roxos.
Os partídos prográmanse cada 45 minutos con dúas partes de 20 minutos e un descanso de cinco.
Por exemplo, se o primeiro é ás 10:00h, o segundo é as 10:45h, o terceiro ás 11:30h...
martes, 25 de outubro de 2016
Reunión informativa: Luns 24 de outubro de 2016
Reunión informativa: Luns 24 de outubro de 2016 ás 19:30 no Pavillón Polideportivo de Brión
Estades todos invitados a vir á reunión sen ningún compromiso.
Está aberta tamén a equipos de fóra de Santiago e supón unha oportunidade para os nenos e nenas de Brión que desexen participar nunha competición de fútbol sala.
A finalidade da reunión é darvos información acerca desta competición, coñecer a vosa opinión e ver se hai un mínimo de xogadores e xogadoras dunha mesma categoría interesados en participar.
- Categorías:
- Posibilidade de adestramentos os martes de 18:30 a 19:30 no pavillón de Brión.
Contacto: escoladeportivabrionfutsal@gmail.com
martes, 18 de outubro de 2016
BUSCAMOS PATROCINADORES
Se tes un negocio ou unha empresa podes colaborar subvencionando a inscrición dun dos nosos equipos. O nome do equipo levará o nome do teu negocio ou empresa (por exemplo: "Brión Futsal Frutería Mirabel") e aparecerá nos carteis* que facemos semanalmente para comunicar as datas dos partidos e na web da competición (http://advsantiago.com), tanto nasconvocatorias do equipo coma nos resultados dos partidos.
* A tempada pasada colocamos os carteis no Pavillón Polideportivo de Brión, na Piscina Municipal Cuberta de Brión, na Pizzería Montebalado, na gasolinera de Os Ánxeles e nos bares Paraiso e O Rincón D' Xoán.
Contacto: escoladeportivabrionfutsal@gmail.com
Quen somos?
A Escola Deportiva Brión Futsal está xestionada polos propios pais dos nenos e nenas que participan na competición federada de fútbol sala de Santiago de Compostela.
Colaboran o equipo de fútbol sala Brión Futsal e o Concello de Brión.
O noso agradecemento ás empresas do concello Los Ángeles Gas, Restaurante Pizzería Montebalado, Bebiños e Brión Dental, que a tempada 2015/2016 donaron dúas equipacións á nosa Escola Deportiva.
Esta tempada 2016/2017 a empresa Los Ángeles Gas colabora subencionando as inscricións dos nosos dous equipos de benxamíns:
ED Brión Futsal A Los Ángeles Gas
ED Brión Futsal B Los Ángeles Gas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)