luns, 2 de outubro de 2017

Organización dos equipos

Este venres cinco de outubro conclúe o prazo para inscribir os equipos na liga de fútbol sala de Santiago.
Ata o momento temos o seguinte número de nenos/as apuntados por idade:

ANO
NENOS/AS
CATEGORÍA
2013

Biberón
2012
1
Biberón
2011
1
Prebenxamín
2010

Prebenxamín
2009

Benxamín
2008
4
Benxamín
2007
4
Alevín
2006
1
Alevín
2005
1
Infantil
2004

Infantil

A opción que temos actualmente se non se apuntan máis xogadores sería inscribir ós catro benxamíns* e os cinco alevíns formando un equipo de alevíns. Teriamos un equipo con nove xogadores/as.
*Os nenos e nenas poden xogar nun equipo dunha categoría superior á que lles corresponden por idade.

Outra opción que temos é a de informar ós pais que coñecemos da posibilidade de apuntar ós seus fillos/as ós equipos e ver o venres con cantos xogadores/as contamos.

Enlace para inscribir novos xogadores/as:

Esta primeira semana de outubro que comezan as actividades do Concello queremos achegarnos a falar cos pais dos nenos e nenas que están apuntados á escola deportiva de fútbol sala para informarlles da posibilidade de que os seus fillos participen na liga de fútbol sala de Santiago.
Deixo ó final un listado cos nomes dos nenos e nenas apuntados nos distitnos grupos de fútbol sala do Concello. Os nomes que aparecen nestes listados están publicados na páxina web do Concello.
Agradecemos que veñades todos os que teñades a posibilidade de achegarvos para animar ós pais.


GRUPO
ANOS
CATEGORÍA
Horario actividade
G1
2010 - 2011- 2012
Biberón 2º ano e prebenxamíns
Martes de 16:30 a 17:30
G2
2008 - 2009
Benxamíns
Martes de 17:30 a 18:30
G3
2006 - 2009
Alevíns
Venres de 17:30 a 18:30
G4
2004 - 2005
Infantil
Venres de 18:30 a 19:30


Os argumentos que temos para que se animen a participar na competición son os seguites:
  • A liga de fúbol sala de Santiago é unha oportunidade para que os nenos e nenas que lles guste o fútbol sala xoguen partidos dun xeito regular, o cal en sí é divertido para eles e ademáis os axuda a mellorar nas súas habilidades técnicas e tácticas.
  • É unha liga cómoda xa que respecta as vacacións escolares, se xoga en Santiago e a experiencia que temos é de que non é necesario comprometerse a xogar todas as fins de semana.
  • Levamos dous anos organizando os equipos e a experiencia é moi positiva, tanto para os nenos e nenas coma para os pais. 
  • O custo da actividade é o resultado de repartir os gastos de inscrición entre os xogadores. Os anos ateriores foron uns 30€.

 LISTADO ADMITIDOS NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO:







NENOS E NENAS EN LISTA DE AGARDA






xoves, 31 de agosto de 2017

Tempada 2017/2018 - Reunión xoves 14 de setembro



Ola,
Esta tempada comezamos con dúas novidades importantes.

A primeira é que cambiamos de club. Estamos moi agradecidos coa colaboración que nos prestaron durante dúas tempadas os amigos do Brión Futsal, sen a cal non poderiamos ter participado na liga federada de Santiago. Moitas gracias.
A partir de agora competiremos a través un club creado por nós, polos pais, que está aberto a todo o que queira colaborar e que acaba de ver a luz. O Club deportivo Torres de Altamira.
De momento contamos con patinaxe artística, baloncesto e fútbol sala.

A segunda é que, como algúns puidéstedes ver nas noticias, a liga de fútbol sala deixa de estar organizada pola Federación Galega de Fútbol Sala -que desaparece como federación- e que estaba xestionada en Santiago pola Agrupación de Deportistas Veteranos. A partir de agora o fútbol sala pasa a ser parte da Federación Galega de Fútbol, polo que haberá un perído de transición e varias novidades.


IMPORTANTE: PRAZO DE INSCRICIÓN
O prazo para inscribir os equipos para esta tempada remata o 16 de setembro.
Actualización: Ampliado o prazo ata o 5 de outubro
Os que esteades interesados cubride o formulario que vos deixamos a continuación:


Trátase dunha preinscrición para saber máis ou menos con cántos xogadores podemos contar.
A incrición formalizarase por escrito.





O xoves 14 de setembro ás 20:00 imos celebrar unha reunión no Centro Social Polivalente.

A finalidade da reunión é darvos información acerca desta competición, coñecer a vosa opinión e ver se hai un mínimo de xogadores e xogadoras dunha mesma categoría interesados en participar.


Animade a que veñan todos os que estean interesados.


Esta tempada a liga de fútbol sala está previsto que comece en outubro, respectando as vacacións escolares. Está aberta tamén a equipos de fóra de Santiago e supón unha oportunidade para os nenos e nenas de Brión que desexen participar nunha competición de fútbol sala.

Animamos a todos os xogadores que se apunten á escola deportiva de fútbol sala do concello.
Temos solicitado tamén dúas horas semanais de pavillón para tentar organizar os adestramentos do club.


Por certo, necesitamos adestradores.



Para calquera consulta, aclaración ou suxerencia podedes contactar con nós mediante os seguintes enderezos eletrónicos:

escoladeportivabrionfutsal@gmail.com
cdtorresdealtamira@gmail.com


PREGUNTAS FRECUENTES: 
(Aquí iremos contestando as preguntas que nos vaiades facendo para que todos as poidades ver)

martes, 31 de xaneiro de 2017

Números premiados no sorteo dos vales de 20€ en combustible

O primeiro premio do sorteo de lotería nacional do día 28 de xaneiro de 2017 foi para o número 34713.

Os dez vales de 20€ en combustible donados por Estaciones de servicio y distribución de gasóleo Los Ángeles Gas corresponden ós posuidores dos seguintes boletos:

0013
0113
0213
0313
0413
0513
0613
0713
0813
0913

Noraboa ós premiados.


Podedes pasar a recoller os vales nas oficinas centrais de Los Ángeles Gas.


E lembrade que se o voso boleto non resultou premiado, se o presentades en calquera das gasolineras da empresa colaboradora, vos fan un desconto de 0,04 € por litro.