luns, 2 de outubro de 2017

Organización dos equipos

Este venres cinco de outubro conclúe o prazo para inscribir os equipos na liga de fútbol sala de Santiago.
Ata o momento temos o seguinte número de nenos/as apuntados por idade:

ANO
NENOS/AS
CATEGORÍA
2013

Biberón
2012
1
Biberón
2011
1
Prebenxamín
2010

Prebenxamín
2009

Benxamín
2008
4
Benxamín
2007
4
Alevín
2006
1
Alevín
2005
1
Infantil
2004

Infantil

A opción que temos actualmente se non se apuntan máis xogadores sería inscribir ós catro benxamíns* e os cinco alevíns formando un equipo de alevíns. Teriamos un equipo con nove xogadores/as.
*Os nenos e nenas poden xogar nun equipo dunha categoría superior á que lles corresponden por idade.

Outra opción que temos é a de informar ós pais que coñecemos da posibilidade de apuntar ós seus fillos/as ós equipos e ver o venres con cantos xogadores/as contamos.

Enlace para inscribir novos xogadores/as:

Esta primeira semana de outubro que comezan as actividades do Concello queremos achegarnos a falar cos pais dos nenos e nenas que están apuntados á escola deportiva de fútbol sala para informarlles da posibilidade de que os seus fillos participen na liga de fútbol sala de Santiago.
Deixo ó final un listado cos nomes dos nenos e nenas apuntados nos distitnos grupos de fútbol sala do Concello. Os nomes que aparecen nestes listados están publicados na páxina web do Concello.
Agradecemos que veñades todos os que teñades a posibilidade de achegarvos para animar ós pais.


GRUPO
ANOS
CATEGORÍA
Horario actividade
G1
2010 - 2011- 2012
Biberón 2º ano e prebenxamíns
Martes de 16:30 a 17:30
G2
2008 - 2009
Benxamíns
Martes de 17:30 a 18:30
G3
2006 - 2009
Alevíns
Venres de 17:30 a 18:30
G4
2004 - 2005
Infantil
Venres de 18:30 a 19:30


Os argumentos que temos para que se animen a participar na competición son os seguites:
  • A liga de fúbol sala de Santiago é unha oportunidade para que os nenos e nenas que lles guste o fútbol sala xoguen partidos dun xeito regular, o cal en sí é divertido para eles e ademáis os axuda a mellorar nas súas habilidades técnicas e tácticas.
  • É unha liga cómoda xa que respecta as vacacións escolares, se xoga en Santiago e a experiencia que temos é de que non é necesario comprometerse a xogar todas as fins de semana.
  • Levamos dous anos organizando os equipos e a experiencia é moi positiva, tanto para os nenos e nenas coma para os pais. 
  • O custo da actividade é o resultado de repartir os gastos de inscrición entre os xogadores. Os anos ateriores foron uns 30€.

 LISTADO ADMITIDOS NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO:







NENOS E NENAS EN LISTA DE AGARDA