Ola,
Esta tempada comezamos con dúas novidades importantes.
A primeira é que cambiamos de club. Estamos moi agradecidos coa colaboración que nos prestaron durante dúas tempadas os amigos do Brión Futsal, sen a cal non poderiamos ter participado na liga federada de Santiago. Moitas gracias.
A partir de agora competiremos a través un club creado por nós, polos pais, que está aberto a todo o que queira colaborar e que acaba de ver a luz. O Club deportivo Torres de Altamira.
De momento contamos con patinaxe artística, baloncesto e fútbol sala.
A segunda é que, como algúns puidéstedes ver nas noticias, a liga de fútbol sala deixa de estar organizada pola Federación Galega de Fútbol Sala -que desaparece como federación- e que estaba xestionada en Santiago pola Agrupación de Deportistas Veteranos. A partir de agora o fútbol sala pasa a ser parte da Federación Galega de Fútbol, polo que haberá un perído de transición e varias novidades.
IMPORTANTE: PRAZO DE INSCRICIÓN
Actualización: Ampliado o prazo ata o 5 de outubro
Os que esteades interesados cubride o formulario que vos deixamos a continuación:
Trátase dunha preinscrición para saber máis ou menos con cántos xogadores podemos contar.
A incrición formalizarase por escrito.
O xoves 14 de setembro ás 20:00 imos celebrar unha reunión no Centro Social Polivalente.
A finalidade da reunión é darvos información acerca desta competición, coñecer a vosa opinión e ver se hai un mínimo de xogadores e xogadoras dunha mesma categoría interesados en participar.
Animade a que veñan todos os que estean interesados.
Esta
tempada a liga de fútbol sala está previsto que comece en outubro,
respectando as vacacións escolares. Está aberta tamén a equipos de fóra
de Santiago e supón unha oportunidade para os nenos e nenas de Brión que
desexen participar nunha competición de fútbol sala.
Animamos a todos os xogadores que se apunten á escola deportiva de fútbol sala do concello.
Temos solicitado tamén dúas horas semanais de pavillón para tentar organizar os adestramentos do club.
Animamos a todos os xogadores que se apunten á escola deportiva de fútbol sala do concello.
Temos solicitado tamén dúas horas semanais de pavillón para tentar organizar os adestramentos do club.
Por certo, necesitamos adestradores.
Para calquera consulta, aclaración ou suxerencia podedes contactar con nós mediante os seguintes enderezos eletrónicos:
escoladeportivabrionfutsal@gmail.com
cdtorresdealtamira@gmail.com
PREGUNTAS FRECUENTES:
(Aquí iremos contestando as preguntas que nos vaiades facendo para que todos as poidades ver)
Ningún comentario:
Publicar un comentario